O CCG presenta un libro-disco con gravacións orixinais do músico Andrés Gaos

Pódese descargar no web do CCG

12/11/2020 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
2 lecturas | Compartido 0 veces

Cuberta do libro.

O Consello da Cultura Galega presentou esta mañá no Paraninfo da Universidade de Santiago o libro CD Obras para violín e piano do violinista e compositor Andrés Gaos, unha publicación que permite amosar música gravada polo propio Gaos a partir das súas partituras. A profesora da Universidade de Santiago e promotora desta iniciativa Montse Capelán explicou na presentación algúns datos da orixe do libro-disco. “O fillo menor de Gaos, Andrés Gaos Guillochó, contactou con Joam Trilho para explicar que quería doar ese fondo e comezamos un camiño que conclúe hoxe” explicou. A viaxe comezou en Bos Aires onde o descendente do compositor lle entregou a Capelán unha caixa na que viñan os dous violíns de Gaos, un deles restaurado en 2019, e varios discos instantáneos, que son os que se gravan de principio a fin e sen posibilidade de volver atrás. “Penso que aquela caixa que nos legou xenerosamente era un material que tiña un valor especial para él xa que lle permitía escoitar a seu pai” afirmou Capelán. Agora esas pezas, "Muiñeira" e "Alalá" poden ser escoitadas neste libro-disco que se pode descargar do web do Consello da Cultura Galega.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares