A USC recibe o fondo documental do músico Andrés Gaos

A doazon do seu fillo inclúe dous dos catro violíns do artista

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Mostra de fondos doados á USC durante a rolda de prensa de presentación.

Mostra de fondos doados á USC durante a rolda de prensa de presentación.

Andrés Gaos é unha das figuras fundamentais da música culta galega do século XX. Considerado "o maior representante da escola española de violín", a súa vida transitou entre Galicia e Bos Aires. O grupo de investigación sobre fondos documentais da música galega, dirixido polos profesores Carlos Villanueva e Javier Garbayo, xunto co fillo de Gaos, Andrés Gaos Guillochón é o responsable do depósito dun amplo fondo documental do violinista, que contou tamén co traballo de Joám Trillo. composto por partituras, cartas, recortes de prensa, programas de man, documentación da súa actividasde laboral, fotografías, fondo discográfico e os últimos dous violíns que conservaba a familia de Gaos, un deles do século XVIII. O legado quedará depositado na Biblioteca América e nos vindeiros dous anos publicarase unha monografía do compositor, realizaranse concertos e en 2019 terá lugar un seminario internacional acompañado dunha exposición.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, USC, Documentais, Bos Aires...

Claves

Entidades