Xavier Senín recibe o Premio Nacional á Obra dun Tradutor

O galardón recoñece a súa longa carreira a verter textos de todo tipo para o galego

12/11/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Xavier Senín. Fotografía da RAG

A súa "dilatada obra como tradutor ao galego, a partir de obras de gran variedade temática e tipolóxica" valeulle a Xavier Senín facerse co Premio Nacional á Obra dun Tradutor que outorga o Ministerio de Cultura. No seu fallo, o xurado destacou que "as súas traducións destacan pola súa calidade e meticulosidade, nas que amosa un coñecemento pouco común das variedades diatópicas, distráticas e difásicas do galego", un labor que leva desenvolvido durante anos en obras de todo tipo "desde clásicos como O Quixote, a libros de literatura infantil e xuvenil, banda deseñada e obras pertencentes a diferentes xéneros literarios". No fallo recoñécese tamén o importante labor do galardoado como impulsor da tradución á nosa lingua. O galardón está dotado con 20.000 euros.

Precisamente pasado mes de outubro a Real Academia Galega nomeaba a Senín membro correspondente a recoñecer o seu traballo na tradución con máis de cento cincuenta volumes publicados en diferentes editoriais e consideralo "unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego".

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Senín, Xavier Senín, Tradución, Quixote...