Este domingo falecÃa na Coruña José Antonio GarcÃa Caridad, presidente ata ese momento da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e home involucrado coa cultura do paÃs a través da súa participación en entidades desde a perspectiva do dereito civil e a xurisprudencia. GarcÃa Caridad (A Coruña, 1926) ingresou na carreira xudicial en 1953, onde ocupou diversos destinos ata ser nomeado vogal do Consello Xeral de Poder Xudicial, cargo que desempeñou ata a súa xubilación. Como experto en Dereito Galego e participou activamente na elaboración do Proxecto de lei de montes veciñais en man común, convertido en lei en 1968, polo que se lle concedeu o TÃtulo de Comendador da Orde do Mérito AgrÃcola. Foi membro de numerosas entidades como o Instituto Español de Derecho Foral, o Seminario de Estudos Galegos ou diferentes academias de xurisprudencia e lexislación. Formou parte de varias comisións para o estudo do Dereito Galego. Foi recoñecido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia, coa placa da Orde de Alfonso X O Sabio e coa Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort. O Consello da Cultura Galega fixo públicas as súas condolencias pola perda do recoñecido xurista lembrando del que realizou un destacado labor no ámbito do Dereito Civil galego e que foi membro do Plenario do CCG en diferentes perÃodos, ostentando o cargo de vicepresidente da institución entre 1989 e 1996.