A Cidade da Cultura programa exposicións, rutas e música para o outono

Luar na lubre, Sumrrá e Milladoiro participarán nos Magostos do Gaiás

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A Cidade da Cultura programa exposicións, rutas e música para o outono

O outono vén cargado de actividades na Cidade da Cultura. A Fundación que xestiona o complexo compostelán anunciou un intenso programa no que amplía o seu Magosto no Gaiás a tres sábados. Os días 24 e 31 de outubro e mais o 14 de novembro haberá castañas e concertos a cargo de Luar na lubre (sábado 24), Sumrrá (día 31) e Milladoiro (14 de novembro). Como parte das medidas contra a pandemia, a degustación de castañas no se fará no propio lugar da celebración, senón que os asistentes terán que as levar para a casa e comelas alí.

En paralelo, a Biblioteca de Galicia ten en marcha desde o pasado 7 de outubro unha mostra sobre Concepcion Arenal a coincidir co seu bicentenario. A exposición recolle 65 libros a incluír biografías publicadas sobre a autora, diferentes obras da mesma e reproducións dalgunhas das súas cartas. Como parte das propostas para estes meses, o complexo propón tamén andainas guiadas para coñecer o Bosque de Galicia e os seus ecosistemas.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Sumrrá, Luar na Lubre, Milladoiro...