En marzo deste ano, como xa é habitual, iniciouse unha nova edición do Festival Atlántica de Narración Oral. Pero a declaración do estado de alarma pola pandemia deixou a programación do evento pola metade, cos artistas tendo que retornar apresuradamente os seus domicilios. Agora, o Festival Atlántica anunciou que retoma a programación da edición interrumpida, do 5 ao 7 de novembro, con epÃlogo o 13 de novembro. Nesta nova edición participarán coñecidos contadores galegos e do resto da penÃnsula: José Luis Gutiérrez ‘GutiÂ’, Rubén MartÃnez, Noelia Carioca, Charo Pita, Fernando Saldaña, Soledad Felloza, Santi Prego, Sandra Araguas, Pablo DÃaz e Ramiro Neira. Atlántica ofrecerá espectáculos para adultos e nenos en Santiago de Compostela, Ferrol, LalÃn, Teo, Pazos de Borbén, Brión, A Coruña, Ourense e Vigo. Todos os espectáculos requiren reserva previa.