A Revista Luzes fai revivir os faladoiros culturais do Café Derby no formato virtual

O 'podcast' Café Derby 21 achegará cada mércores un encontro sonoro de tres xornalistas cun invitado diferente

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeComunicación
Compartir:
A Revista Luzes fai revivir os faladoiros culturais do Café Derby no formato virtual

Agora que en Santiago pechou o histórico Café Derby, que en outros tempos foi centro da vida intelectual da cidade cos seus faladoiros e encontros, as redes sociais e Internet son a xeografía virtual que acolle un reflexo daquel, o Café Derby 21. Con este nome cada mércores estará dispoñible na rede unha gravación sonora a xeito de programa (podcast) ofrecendo unha sobremesa cultural da man da Revista Luzes. Os xornalistas Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede reuniranse cada semana cun invitado ou invitada para levar a cabo unha charla cultural distendida de case unha hora de duración. A escritora Berta Dávila foi a persoa elexida para amadriñar a primeira destas entregas que xa está dispoñible en plataformas coma Spotify, IVoox e Anchor.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luzes, Berta Dávila, Xeografía, Internet...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos