O músico Lucas Rei Ramos gaña o concurso internacional de composición da Póvoa de Varzim

Unha peza inspirada na novela de ciencia ficción 'Solaris' convenceu ao xurado do certame luso

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O compositor galego Lucas Rei Ramos (Muros, 1968) venceu o 13º Concurso Internacional de Composição da Póvoa de Varzim, competición que premia ós compositores nacidos despois de 1985. O músico convenceu ao xurado coa obra As Estruturas de Solaris, unha peza inspirada na novela de ciencia ficción Solaris, de Stanisław Lem. Rei Ramos iniciou o seu percorrido musical como pianista de jazz, formouse a en Comunicación Audiovisuala na Universidade de Santiago e posteriormente o interese pola composición o levou á Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo do Porto (ESMAE), cidade na que actualmente traballa como profesor do Conservatório de Música do Porto. Lucas Rei Ramos obtivo o 1.º premio neste concurso de convocatoria internacional, o que implica un premio de 2.500 euros, concedido pola Câmara Municipal da Póvoa de Varzim.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Jazz, Muros

Claves

Conceptos
Lugares