O Consello da Xunta aprobou hoxe remitir ao Parlamento de Galicia o proxecto de lei de museos de Galicia, un texto que procura "estruturar o funcionamento interno das 93 institucións museÃsticas" de Galicia, tanto de titularidade pública como privada. O texto define cada unha das tipoloxÃas de "centro museÃstico" (museos, coleccións museográficas e centros de interpretación do patrimonio cultural de Galicia) e "delimita as condicións necesarias para a súa creación, asà como aspectos organizativos e de xestión". Unha das novidades máis importantes é a creación do Sistema galego de centros museÃsticos, unha estrutura organizativa para coordinalos "dentro do máximo respecto á súa autonomÃa", e que contará cun "órgano administrativo de dirección e coordinación", o Consello de Centros MuseÃsticos de Galicia canda todos as entidades integradas. Estar dentro do Sistema permitirá a "participación en liñas concretas de axudas" entre outras posibilidades como actividades de formación e difusión e a "recepción de depósitos". O sistema dividirase en redes de carácter máis concreto. Os museos galegos xa dispuñan dun "plataforma estable de coordinacion e colaboracion", o Consello Galego de Museos, creado en 1983, e que reúne a centros de todo o paÃs.