A Coruña achega contidos en liña na plataforma Respira Cultura

O proxecto achega teatro, música, danza, cultura tradicional e actuacións para público familiar

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A Coruña achega contidos en liña na plataforma Respira Cultura

Ata o vindeiro 12 de outubro o Concello da Coruña pon en liña 54 actuacións de 47 proxectos no marco da nova plataforma Respira Cultura. O goberno local presentaba onte esta iniciativa, na que realizou un investimento de 100.000 euros e que pretende ser "unha nova ventá á emoción, á ilusión, ás artes vivas e á música ao vivo, cunha programación dixital de actividades culturais aberta, accesible, apta para todos os públicos e que nos quere convidar, de novo, a sentir e respirar a cultura ao vivo". As actuacións que se subirán á rede foron gravadas ao longo de dúas semanas nos escenarios do Fórum Metropolitano, o Centro Ágora e o Pazo da Ópera e estrearanse a razón de 4 ou 5 ao día.

O web conta con apartados dedicados á música, á danza, ao teatro, á programación para público familiar e mais á cultura tradicional. Actuacións como as de Martín Camiña, Títeres Seisdedos, Entremans, Dani Royo, David el cuerdas & K'landrakers ou Canticorum son algunhas das que xa están dispoñibles nesta plataforma.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Ópera, Centro Ágora...