Non son habituais en Galicia a conmemoración de batallas medievais, pero isto cambiará a partir deste sábado 19. Os concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, organizan o evento "Altamira brilla", no que se conmemora a batalla celebrada nestas torres o 13 de xuño de 1471 entre a casa nobiliar dos Moscoso e o Arcebispo de Santiago polo control do val da AmaÃa. Na xornada, que comezará á mediodÃa no restaurante Ponte Maceira, presentarase o libro A batalla de Altamira, a cargo das súas autoras, Mercedes Vázquez e MarÃa Pilar RodrÃguez, e no que se dará conta tamén das novas intervencións nas Torres preparadas pola Deputación da Coruña a cargo do arquitecto Mario Crecente. Xa pola tarde, ás 20 horas, o grupo Os Quinquilláns representarán a batalla nas propias torres, e tamén se celebrará un concerto a cargo de Baiua ás 21.30 horas.