A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) publica hoxe no seu sitio web a relación das compañías beneficiarias ao abeiro da súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, que introduciu nas súas bases importantes novidades coma o incremento dun 23% na súa dotación respecto a 2019 que permitiu aumentar en seis o número de propostas beneficiarias. A Xunta cofinanciará con 800.000 euros 29 novos proxectos doutras tantas compañías galegas nunha relación na que destaca o aumento das propostas multidisciplinares e de artes do movemento entre as adxudicatarias. Ademais, este ano apóiase por vez primeira a través destas axudas proxectos de carácter plurianual co obxectivo de promover unha planificación a medio prazo por parte das compañías. As primeiras adxudicatarias desta nova modalidade para o período 2020-2022 son Talía Teatro, con 100.000 euros, e Chévere, con 94.516 euros. A incorporación desta nova categoría, o maior esforzo orzamentario ou cambios puntuais nos baremos de valoración son algunhas das principais novidades introducidas nas bases deste ano, que foron consensuadas co sector a través da asociación Escena Galega, principal asociación das empresas escénicas da nosa Comunidade.
Estes cambios sitúanse, ademais, na liña das modificacións introducidas o ano pasado e que se mantiveron na convocatoria de 2020, como é o caso da discriminación positiva para as propostas de danza e artes do movemento (modalidade 3), ás que se destina unha dotación específica de 100.000 euros. Seis son as propostas adxudicatarias a través deste apartado: Teatro Ensalle con El dispositivo (25.955 ), Paula Quintas con Nina-Ninette (23.774 ), Matarile Teatro con El diablo en la playa (17.848 ), Funboa Escénica con Technocracia (16.505 ), Cía. Kirenia Danza con Os coidados (12.340 ) e Javier Martín con Teorema (9061 ).
Teatro, novo circo e maxia
Aos espectáculos de teatro, novo circo e maxia (modalidade 2) destínanse 430.000 euros, distribuídos entre 16 compañías: Sarabela Teatro con A lingua das bolboretas (51.0478 ), Voadora con Othello (50.059 ), Aporía Escénica con Soga e Cinsa (43.452 ), Pistacatro con Drop (40.398 ), Producións Teatrais Excéntricas con Strela do día (40.282 ), Redrum Teatro con Un home con lentes de pasta (35.128 ), Os Monicreques de Kukas con Don Gaiferos (26.031 ), Elefante Elegante con Cubo como título provisional (24.674 ), Baobab Teatro con Ás para Álex (23.286 ), Títeres Cachirulo con Campo de estrelas (17.260 ), Culturactiva con Conexión pingüín (15.216 ), ButacaZero con 32 metros cuadrados. Un espectáculo sobre el confinamiento (15.042 ), Larraitz Urruzola con Fábulas da montaña (14.352 ), Contraproducións con Mocos (13.999 ), Viravolta Títeres con Menú de refectorio (10.155 ) e Artesa Cía. con Illas desertas (9616 ). Por último, a través do apartado para compañías de nova creación (modalidade 1), dotado con 70.000 , apóianse as seguintes cinco formacións: Matías Daporta con Mocap-en beta (15.499,88 ), Colectivo Glovo con Em-na (14.515,67 ), A Feroz con Tr3s (14.143,41 ), Cía. Olivas Negras con 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva (14.086,96 ) e The Moving Compass con O varredor (11.754,08 ).