Hoxe presentouse no Pindo o resultado final do proxecto 'Contos do Mar', que une a recuperación do patrimonio inmaterial da memoria transmitida oralmente co desenvolvemento turÃstico nos Concellos de DumbrÃa, Fisterra e Carnota. Tras meses de recollida de información oral e de historias de vida entre as persoas maiores destes concellos a compañÃa teatral Chévere elaborou unha serie de audioguÃas teatralizadas que axudarán a coñecer as particularidades e historias de estas zonas dun xeito diferente. Camiñar a paso lento, cun ritmo constante e non interromper a reprodución durante todo o paseo son as consideracións a ter en conta para sacar partido destas gravacións que se proporcionan desde as oficinas de turismo destas localidades e que están dispoñibles e con versións en galego, castelán e inglés. As voces dos coñecidos intérpretes da compañÃa dramatizan asà un guión elaborado a partires do traballo de recollida previo en Carnota, DumbrÃa e Fisterra. Ademais destas audioguÃas o proxecto coordinado pola ConfrarÃa do Pindo fai unha recuperación do patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira poñendo a disposición na súa páxina web os moitos vÃdeos gravados como historias de vida nesas localidades. O proxecto está financiado nun 85% polo Fondo Europeo MarÃtimo e da Pesca da Unión Europea, o que supuxo unha axuda de 78.931,63 €.