O próximo 17 de agosto dará comezo na cidade de Ourense a rodaxe de Cuñados, a primeira longametraxe de ficción da produtora Portocabo. Esta comedia costumbrista e familiar, que xirará arredor das peripecias criminais de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado, estará protagonizada por tres grandes actores cómicos do paÃs: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez, acompañados, entre outros, polas actrices Iolanda MuÃños e Eva Fernández. O filme suporá o salto á longametraxe de Toño López que, tras dirixir ficcións seriadas internacionais como Miracle Tunes ou Auga Seca, asume nesta ocasión a dirección desta comedia. Nas súas palabras, "esta é unha comedia de case criminais, alegre, alborotada e vitalista para todos os públicos que basea o seu humor en facer leña das miserias humanas cun toque de tenrura e compaixón, e que tal vez nos sirva tamén para ver as nosas propias miserias e torpezas con máis sentido do humor".
Cuñados, que forma parte do grupo de pelÃculas seleccionadas na segunda mesa de valoración de cine de RTVE para este ano, conta coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a participación da TVG e a colaboración da Deputación de Ourense. Será rodada integramente na cidade de Ourense e en diversos lugares da provincia. Ao ser esta unha pelÃcula moi conectada ao espazo no que sucede, o equipo atopou neste territorio de contrastes as localizacións ideais para o proxecto. Ao fronte do resto do equipo técnico atópanse grandes profesionais do noso audiovisual como Alfonso Blanco (produción executiva), Araceli Gonda (guión), Santi Jul (música), Ana MÃguez (dirección de produción), Jaime Pérez (dirección de fotografÃa), Lu RodrÃguez (montaxe), Andrea Pozo (dirección artÃstica) e Saturna (vestiario). Alén disto, a produtora continuará tamén nestas semanas coa gravación da segunda tempada da multipremiada Hierro (Portocabo, Movistar+, Atlantique, Arte) en Canarias e avanzando en varios proxectos que se atopan agora mesmo en fase de desenvolvemento.