A XXª Mostra de Teatro Clásico de Lugo desenvolverase entre o 6 e o 16 de setembro. A área de Cultura do Concello de Lugo anunciou as novas datas de esta programación e do resto da programación escénica que quedou adiada no seu momento do primeiro semestre do ano por mor do Estado de Alarma, pero a vontade do Concello foi a recuperación dos eventos culturais na vez da súa cancelación, tal e como se solicitaba desde o sector cultural. Seis representacións terán lugar en setembro como parte desta Mostra que este ano se recuperaba tras quedar deslucida o pasado 2019 no medio do resto da programación escénica local. Abrirá o programa a obra Todas hieren y una mata de Ay Teatro e pechará a Mostra o Ricardo III de Kamikaze producciones. Desde a área de Cultura se contactará coas persoas que adquiriran entradas mediante correo electrónico, informándoas das novas datas e do proceso a seguir para solicitar a devolución das mesmas. Entre outubro e novembro terán lugar tamén aquelas representacións da programación adiados do primeiro semestre, en total nove espectáculos que non se perderán para quen vai asistir nin para as compañÃas que os tiñan contratados. Conforman esta oferta recuperada a partires do 18 de outubro os espectáculos Falar por falar de Volta e dalle teatro; Celebraré mi muerte de joan Fernández; PÃnconús de PÃnconús teatro; Leira de Nova galega de Danza; O mellor dos 4 elementos de Pepe Vaamonde Grupo; As vacacións máis longas de Diego M. Buceta; Mai mai de Baobab Teatro; A furia necesaria de Aldaolado e Crónicas do ParaÃso de Sarabela Teatro.
Novas datas da XX Mostra de Teatro Clásico
6 setembro 20,30h Todas hieren y una mata de Ay Teatro
8 setembro 18:30h Y los sueños, sueños son de Tropos Teatro
10 setembro 20,30h Casa o Rei de Ibuprofeno Teatro
13 setembro 20,30h Entre bobos anda el juego de CNTC e Noviembre
15 setembro 18,30h Lázaro de Tormes de Pedras de Cartón
16 setembro 20,30h Ricardo III de Kamikaze producciones
Novas datas para a programación cultural adiada do 1º semestre
18 outubro 18,30h Falar por falar de Volta e dalle teatro
25 outubro 18,30h Celebraré mi muerte de joan Fernández
1 novembro 18,30h PÃnconús de PÃnconús teatro
6 novembro 20,30h Leira de Nova galega de Danza
8 novembro 18,30h O mellor dos 4 elementos de Pepe Vaamonde Grupo
13 novembro 20,30h As vacacións máis longas de Diego M. Buceta
15 novembro 18,30h Mai mai de Baobab Teatro
22 novembro 18,30h A furia necesaria de Aldaolado
29 novembro 20,30h Crónicas do ParaÃso de Sarabela Teatro