O Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller concédelle o premio Alecrín á cantante Cristina del Valle

Alecrín, alacrán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cristina del Valle é coñecida, ademais de pola súa faceta de cantante, polo seu traballo de loita en defensa da muller. De feito foi unha das artistas máis activas na creación da Platoforma de mulleres artistas contra a violencia de xénero. E este traballo acáballe de dar o XV premio Alecrín que anualmente conceden as responsables do vigués Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller a quen traballe a prol dos dereitos das mulleres. O premio Alacrán, que significa todo o contrario, foi para Míriam Tey, a directora do Instituto da Muller por promover a publicación do libro “Todas Putas”.

Máis información en El Correo Gallego e no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alecrín, Mulleres, Xénero, Faro de Vigo...

Claves

Conceptos
Lugares