"Alecrín" premia o traballo a prol e en contra dos dereitos da muller

Alecrín, alecrán, mañanciñas de San Xoán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller "Alecrín", de Vigo, deu a coñecer onte os galardoados cos premios Alecrín e Alacrán que concede anualmente en recoñecemento da defensa dos dereitos da mulleres e criticando a quen os ataca. Por outra banda, o Concello de Santiago recibiu onte o premio internacional "Torre Guinigi" ó seu modelo urbanístico.

Alecrín e Alacrán

Os gañadores XIII Edición dos premios "Alecrín" á defensa dos dereitos da muller, e "Alacrán", que censura accións ou declaracións en contra deles, déronse a coñecer onte. Así o premio "Alecrín" recaeu en José Bono, presidente de Castela-A Mancha, pola súa decisión de publicar as sentencias contra xudiciais contra os maridos condenados por malos tratos. Pola súa banda, o "Alacrán" deste ano foi para o bispo de Mondoñedo, monseñor Gea Escolano, polo seu "permanente belixerancia en contra dos dereitos fundamentais das mulleres", segundo sinalan desde a asociación. Entre as intervencións de Gea Escolano, a asociación destaca pola súa negatividade as realizadas sobre as violacións de monxas en África a mans de relixiosos, as afirmacións do bispo en contra da pílula do día despois e a súa belixerancia contra dos homosexuais. Con respecto a Bono, destacaron a "valentía" da súa decisión, tomada sen o apoio do seu partido e co único aval do movemento feminista. Ademais, destacan que "esta decisión levou á sociedade española a un debate necesario" sobre este "terrorismo real e cotián con que viven milleiros de mulleres".



Premio Torre Guinigi

Onte chegaron a Compostela o diploma e a figura conmemorativa do Premio Torre Guinigi que a pasada semana recibiu a cidade polo seu proxecto de rehabilitación e o seu modelo de desenvolvemento urbanístico. O premio, que foi recollido o xoves da semana pasada pola concelleira de Rehabilitación do Casco Histórico, Encarna Otero, é concedido anualmente por un comité de expertos do Centro de Estudios e Investigación en Urbanismo da cidade italiana de Lucca. Nesta segunda edición do premio premiáronse as administracións locais que priman o espacio público como modelo de convivencia. Segundo o concello santiagués, este galardón supón un "novo recoñecemento internacional" para a cidade do Apóstolo.


Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alecrín, San Xoán, Mulleres, Torre...