Versos de Uxío Novoneyra percorrerán o mundo ilustrando roupa de ZARA

Inditex escolle caligramas do autor lugués para unha colección de verán na que tamén hai obra de Apollinaire

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaArteSociedadeLingua
Compartir:
Imaxe dunha das prendas da colección Premium Caligram    Fonte: ZARA.com

Imaxe dunha das prendas da colección Premium Caligram Fonte: ZARA.com

A obra dun dos poetas senlleiros de Galicia espallarase polo mundo nun novo formato, o da roupa, grazas á iniciativa da empresa INDITEX. A través da súa marca ZARA a multinacional porá nas súas tendas unha pequena colección de camisas, gorros e camisetas para home cuxos deseños baséanse en caligramas do poeta do Courel, Uxío Novoneyra. A colección Premium Caligram inclúe ademais dos versos de Novoneyra os do poeta frances Apollinaire. Segundo indica hoxe o xornal El Progreso de Lugo, serán concretamente dous poemas e un verso do autor os que parecerán estampados nas prendas da cadea textil tras do interese da empresa de Arteixo que a levou a poñerse en contacto coa Fundación Uxío Novoneyra para xestionar estes deseños. "Din os soños i os paxaros:a morte non é certo"; "Bailas e fasme libre", dedicado ao bailarín Antonio Gades e "Andas as rúas coma se fora a praia", este último pertencente a un dos poemas que o escritor adicou á súa muller, Elba Rey. Segundo explican en El Progreso, Uxío Novoneyra fillo, a marca tratou "con sensibilidade artística e coidado" a obra do seu pai e as prendas incluirán na etiqueta a tradución ao inglés dos versos feita pola canadense Erin Moure para a fundación. A capacidade global de distribución da marca textil fará posible que estes anacos de poesía galega e en galego cheguen a calquera parte do mundo. Esta decisión de ZARA pon de relevo así o valor artístico gráfico dos poemas caligráficos do autor courelán, ademais do literario.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O cartafol de Novoneyra

O cartafol de Novoneyra

Unha reedición recupera cartas, debuxos e textos en homenaxe ao protagonista do Día das Letras 2010

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxío Novoneyra, El Progreso, Courel, Morte...