A cultura galega contemporánea mergúllase nas páxinas da revista Nós

Cada semana preséntanse as conexións actuais dos artigos orixinais da publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A cultura galega contemporánea mergúllase nas páxinas da revista Nós

O Consello da Cultura Galega presentou onte Olladas sobre Nós, un especial no que destacadas figuras e profesionais da cultura galega contemporánea exploran os contidos da emblemática revista Nós, da que se celebra o seu centenario. Cada semana, proporase un artigo orixinal de Nós, dixitalizado en Galiciana, e se explicará a súa conexión persoal, social ou cultural. Na experiencia participan doce profesionais, seleccionados de acordo coa división temática orixinal do Seminario de Estudos Galegos, entre os que figuran nomes como Antón Santamarina, Marica Campo, María Dolores Barral Rivadulla ou Antonio Reigosa entre outros moitos.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

fin de semana 04/07

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Santamarina, Marica Campo, Antonio Reigosa, Seminario de Estudos Galegos...