Co gallo do centenario da publicación da revista Nós, o Consello da Cultura Galega presenta a biografía das persoas vencelladas a esta histórica cabeceira, comezando con Ánxel Casal, Xavier Prado "Lameiro", Ricardo Carballo Calero, Arturo Noguerol e o director da histórica publicación, Vicente Risco. Todas as fichas das figuras da revista intégranse no Álbum de Galicia, o proxecto biobibliográfico co que o Consello da Cultura Galega pretende dar a coñecer o legado de galegos e galegas en diferentes ámbitos. As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer tanto a obra das persoas divulgadas como a produción intelectual existente sobre elas. Esta iniciativa, presentada en xaneiro de 2020, é unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en diversos ámbitos da cultura galega, como a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. Cada quince días iranse incorporando novas entradas para poder entender a dimensión do proxecto Nós. Neste conxunto, agrupadas baixo a etiqueta "Álbum Nós" incluiranse persoas que estiveron vinculadas co consello de redacción, co de administración ou que publicaron na revista.
As biografías que axudan a entender o proxecto da revista Nós comezan co seu director, Vicente Risco, peza fundamental da publicación. Xunto á súa entrada está a doutra figura esencial como é Ánxel Casal, o editor que rescatou a revista nas primeiras dificultades económicas e fundou a editorial Nós, que imprimía e distribuía a revista, ademais doutras publicacións de referencia na historia da cultura galega (A Nosa Terra ou as publicacións do Seminario de Estudos Galegos, entre outras). Na entrada de Carballo Calero, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, dáse conta da súa relevancia como colaborador asiduo desta publicación.
A sede da administración e a xerencia da revista Nós estaba no despacho de Arturo Noguerol, no número 10 da rúa do Padre Feixóo. É unha figura fundamental e na súa entrada pódese descubrir que foi o encargado de constituír a sociedade mercantil que fixo viable o financiamento da revista así como a sociedade Grupo Nós, creada no outono de 1921 e da que foi director-xerente. Esta primeira entrega remata con outra figura destacada, Xavier Prado "Lameiro", que foi redactor xefe no equipo estable que coordinou a revista Nós desde a súa creación ata 1923.