A Feira do Libro de Vigo acollÃa na tarde dese 28 de xuño a presentación de Esquizoide. O pintor Antón Patiño daba a coñecer nesta cita a reedición da banda deseñada histórica que presentou por vez primeira en 1978. As editoriais Elvira e Fosfatina uniron forzas para o novo lanzamento dunha obra da que sinalan que "polo seu valor artÃstico e teórico é unha das referencias fundamentais da banda deseñada galega". A obra, caracterizada pola súa aposta vangardista, xoga coa confusión do lector e a dificultade de seguir un fÃo narrativo claro a empregar múltiples recursos da novena arte.
A presentación coincide coa exposición retrospectiva que protagoniza o autor no Centro Galego de Arte Contemporánea en Compostela. Caosmos, comisariada por Alberto RuÃz de Samaniego, presenta unha escolma de pezas "que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas". Segundo explica a presentación do proxecto, o tÃtulo responde a "un concepto clave co que o artista vén traballando desde hai anos, un paradigma que define a sofisticación da hipermodernidade. As lendarias nocións antagónicas da cultura clásica, caos e cosmos, establecen unha fusión dialéctica nunha expresiva aleación conceptual, caosmos, seguindo a intuición do neoloxismo de Joyce".