Ante a complexidade de levar a cabo nas circunstancias actuais eventos de corte multitudinario ou que impliquen a reunión ou desprazamento dun gran numero de persoas entre público e profesionais, son moitos os responsables de festivais que están a decidir cambiar as datas previstas ou, directamente, renunciar a levar adiante este ano os seus eventos. O festival Revenidas no 2020, viuse na obriga de aprazar inicialmente a súa 17ª edición, prevista para mediados de agosto á segunda fin de semana de setembro en Vilaxoán de Arousa, pero agora veñen de comunicar que finalmente haberá que agardar un ano ata os dÃas 10, 11 e 12 de setembro do 2021 para retomar o formato orixinal. Pero aÃnda asÃ, a organización do Revenidas non quere que este ano non exista un punto de encontro co seu público e, por iso, está preparando para o próximo mes de setembro un Revenidas en conserva, un formato moi reducido do festival no que terán lugar concertos e distintas actividades gastronómicas e interdisciplinarias ligadas ao territorio, á tradición e á cultura mariñeira da zona.
A decisión de levar a cabo programas reducidos ou formatos alternativos para non deixar de todo baleiro o 2020 da presenza destes eventos con marca xa consolidada é unha alternativa que están levando adiante outros eventos. Algúns optan por accións virtuais en liña como o Resurrection Fest, mentres que outros como o Outono Códax Festival, o festival de música negra que este outubro Ãa celebrar cunha grande aposta de programa moi baseado nas músicas do sur dos EE.UU. a súa décima edición, xa optaron por levar a cabo unha proposta máis modesta, en forma de “edición 9 bis”, en palabras de MartÃn Calviño, un dos organizadores do evento desde RaÃña Producións. Deste xeito manteñen actividade e presenza de marca para eles e os seus patrocinadores, o principal as adegas MartÃn Códax, e non esgotan dese xeito a posibilidade de celebrar un verdadeiro décimo aniversario, aÃnda que sexa un ano despois.