O Resurrection Fest resiste nunha edición especial en liña con fins benéficos

O festival de Viveiro cubre o seu propio baleiro cun evento de dous días co que celebrar o seu 15 aniversario

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Resurrection Fest resiste nunha edición especial en liña con fins benéficos

Apenas 48 horas despois de facer o anuncio do seu adiamento definitivo a 2021 o Resurrection Fest ven de anunciar unha edición de "resistencia" en liña para non deixar de celebrar este ano o seu 15 aniversario. Así, durante os días 3 e 4 de xullo (coincidindo cos que sería o festival) a organización levará a cabo o evento Resurrection Fest Estrella Galicia Online, un programa virtual con fins benéficos que incluirá programación en aberto de concertos inéditos, actuacións en directo, entrevistas especiais, reportaxes sobre o festival outros contidos que buscan levar á xente a vivir desde as súas casas ou onde estean, a experiencia Resurrection Fest de Viveiro. Durante estes dous días de evento en liña desde o "Resu" poñen toda esta loxística e organización ao servicio de boas causas e pediranse achegas solidarias voluntarias a varias iniciativas contra o coronavirus e a colectivos necesitados nestes momentos. Bandas nacionais e internacionais xa confirmaron a súa participación ao igual que o principal patrocinador Estrella Galicia. A actividade irá definíndose nas videiras semanas en canto a contidos e irá acompañada dun cancelo que reivindica a resistencia deste evento que é moito máis ca un festival, #elresuEGresiste.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Resurrection Fest, Viveiro, Estrella Galicia

Claves

Lugares