A Xunta e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) publicaron de libre acceso o catálogo de literatura infantil e xuvenil 2020, que recolle a produción editorial galega neste ámbito durante o ano 2019. Son 130 propostas que presentan para un público internacional e profesional as novidades no eido da banda deseñada, a narrativa e a poesía editada no país. Entre elas, os novos lanzamentos de Yolanda Castaño, Antonio García Teijeiro ou Miguelanxo Prado entre outros moitos.
Descarga o catálogo.