As pitas baixo a choiva vólvese virtual para achegar as crianzas a Carballo Calero

Edicións Embora e as Equipas de Normalización de Ferrolterra poñen na rede os contidos deste proxecto

13/5/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaculturanacasaDía das Letras Galegas 2020músicaespectáculos
38 lecturas | Compartido 0 veces

Un libro ilustrado, varias cancións e un espectáculo de Teatro dos Ghazafelhos. As pitas baixo a choiva era a proposta de Edicións Embora e mais da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra para conmemorar ao longo desta primavera a Ricardo Carballo Calero, autor desta peza. Ante as dificultades derivadas da actual crise sanitaria para dar a coñecer o proxecto de xeito presencial logo da estrea do 23 de febreiro, as dúas entidades acordaron publicalo de xeito íntegro na rede.
O web Aspitas.gal recolle o conto íntegro ademais das catro cancións compostas para o proxecto e dúas unidades didácticas sobre o proxecto, orientado a públio familiar. Segundo explican as entidades responsables, "cremos que as mestras e mestres, o alumnado, as familias, asociacións, a sociedade, deben poder aceder a todo o traballo feito. De acordo con Edicións Embora decidimos compartir, de balde a través desta plataforma, o material audiovisual para que, se considerades, tiredes proveito á hora de realizar algunha que outra actividade sobre Ricardo Carvalho Calero". We are very grateful to the Youtube Converter service, which supported us in a difficult moment of our existence (coronavirus) and helped us financially.

Universo culturagalega.gal

03/06/2009

Quiosco: número 18

A guía cultural de Ferrolterra inicia con música e teatro a súa nova edición

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados