Xornadas, un salón interactivo e unha inauguración, no día do Medio Ambiente

Polo medio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día do Medio Ambiente. Por ese motivo asociacións, entidades públicas e privadas organizan os seus actos cun obxectivo único: unha chamada a mellorar o ecosistema. Entre todos os actos organizados destaca a inaguración do coruñés parque de Bens, que hai cinco anos foi un vertedoiro.

Parque de Bens

Hai uns cinco anos o vertedoiro de Bens ocupaba as primeiras páxinas dos xornais por un desprendemento do lixo que lle ocasionara a morte a unha persoa. Cinco anos despois, e co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, inaugúrase o Parque de Bens. 605.000 metros cadrados de zona verde estructurado en tres áreas: unha primeira, que se corresponde co vertedoiro ata agora sellado; unha segunda que conta cun estanque e un lago; a terceira parte está configuarada polo monte e o mirador do Outeiro que ofrece unha vista da cidade coruñesa. O parque está composto por unha zona completa de sendeiros, camiños para peóns, árbores, arbustos, plantas e lagos. A inversión supuxo un custo de 3.015 millóns de pesetas, aportados a través da Unión Europea e os Fondos Europeos de Desenvolvemento rexional.



Xornadas e Salón Interactivo

Entre os actos organizados, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor) organiza a segunda edición das xornadas sobre medio ambiente industrial en Galicia. O seu obxectivo é o da búsqueda de tecnoloxías limpas que aplicar ás empresas para evitar a contaminación que producen. Por outra banda, o vindeiro día 8 inaugurarse o Salón Interactivo de Medio Ambiente, o Sinem 2001; un escaparate onde se exhibe a variable medioambiental aplicado ó sector industrial no noroeste peninsular. Neste Salón Interactivo organizaránse xornadas técnicas, demostracións prácticas e seminarios de carácter informativo sobre a xestión de residuos empresariais.



e para os máis pequenos

Ademais dos actos en favor do medio ambiente que organizan unha boa parte dos centros escolares, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) celebra o día mundial do Medio Ambiente cunha festa de clausura do programa educativo "Xuntos na escola". A celebración terá lugar en Cerceda e contara con xogos, premios e sorpresas e unha exposición que ten carácter itinerante. Nesta xornada tamén terá lugar un programa de radio adicado ó cidado do medio ambiente.



Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Morte, Unión Europea, Medios de comunicación...