A Área de Cultura do Concello de Vigo ven de anunciar a reprogramación de once espectáculos que tiveron que ser cancelados pola alerta sanitaria. As once funcións, enmarcadas no programa de artes escénicas previsto nestes meses, pasarán ao derradeiro trimestre deste ano, engadíndose ás que xa estaban programadas para esa temporada. Deste xeito o concello olívico garante a execución ao completo desta programación, o que vai na liña da petición Non nos canceles, solicitada desde o sector cultural ás administración públicas ante a crise actual. A programación prevista, que como sempre tería lugar os venres e os domingos dos meses de outubro e novembro, crecerá deste xeito tamén a sábados e á primeira quincena de decembro.
Tanto desde o concello como desde as compañías implicadas fixeron este esforzo que, sempre e cando a evolución da situación sanitaria o favoreza, permitirá levar a cabo as representacións de dez obras teatrais para diversos públicos, unha delas con dúas representacións: Jauría de El Pavón Teatro Kamikaze; Lambetadas de Talía Teatro; O Mel Non Caduca de Ibuprofeno Teatro; Y ahora qué? De Cía. Puntocero; Medida x Medida de Producións Teatrais Excéntricas; Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva de olivas_negras; Olivia y las Plumas de La Machina Teatro; Alma (non é hippie) de Verticalia Colectivo ; Médula de Cía. Exire e dúas funcións de Catro de Caramuxo Teatro. As datas confirmnadas para cada representación aínda se comunicarán nos vindeiros meses.