A Asociación Galega de AntropoloxÃa (AGANTRO) fixo un chamamento para iniciar o proxecto "EtnografÃas confinadas". Trátase de "achegarnos ao relato en primeira persoa e das transformacións na vida cotiá dos nosos e das nosas concidadás nesta situación inédita" e crear un "repositorio de autoetnografÃas de urxencia, un retrato do presente desta crise e que nos faledes sobre o que sentides e o que opinades ao respecto do que está a pasar, das medidas de excepción, do distanciamento, da redución da mobilidade e do confinamento". Calquera persoa pode participar. Os participantes deben gravar vÃdeos nos que dean conta deses cambios vitais e subilos á canle de Youtube ou envialos por correo á asociación. Para facilitar o proceso, AGANTRO publica un guión posible das intervencións.