Benxa Otero musica a Chus Pato en Tocar a pel do animal

O músico lalinense une forzas coa catalá Elena Tarrats neste novo proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Benxa Otero musica a Chus Pato en Tocar a pel do animal

Cinco cancións nadas da improvisación musical no estudio a partir das fotografías do propio músico compoñen a última proposta de Benxa Otero. O compositor e intérprete lalinense presenta en colaboración coa catalá Elena Tarrats Tocar a pel do animal, unha selección de temas gravados en dúas sesións no estudio As Gonzalinhas de Lalín. O proxecto mestura unha selección de versos de Chus Pato realizada pola propia Tarrats ao vivo e cantados en diversas linguas que se combinan con achegas da propia cantante. A nivel musical sintetizadores, clarinetes e outros instrumentos se mesturan para crear atmósferas complexas. Aínda que polo momento os temas están dispoñibles na rede, Otero anuncia a vindeira edición do proxecto nun formato de colección de postais coas letras e unha ligazón para escoitar os temas.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chus Pato, Lalín, Benxamín Otero, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Lugares