Naceu hai só dous anos, pero a banda Gelria debuta xa no mercado discográfico cun ambicioso proxecto. O vindeiro 23 de abril sae á venda Cantos de poeta, un álbum de debut no que o grupo percorre mediante catorce temas a historia da poesía galega desde o século XIX. Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra, Chus Pato ou, como non, o homenaxeado no Día das Letras, Manuel María, aparecen nas versións do trío composto por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano). O álbum, autoeditado, preséntase en formato libro-CD con fotografías de Juan Luis Rúa e ilustracións de Sonia García Vidal, ademais de textos en varias linguas e unha introdución de Xosé Lois Romero, que tamén colaborou nalgún dos temas. Por se fose pouco, o propio Manuel Rivas achega no libro unha serie de textos orixinais que serven de conexión entre os diferentes poemas recollidos no proxecto.
O proxecto gravouse ao vivo co equipamento da Radio Galega baixo a dirección de Pablo Barreiro e conta con colaboracións como as de Pablo Pérez, Rubén Fernández, Mariana Montero, María Montero e Alejandra Montero, Benxamín Otero, Cibrán Seixo ou Paula Santos entre outros.