Rafa Anido une forzas con Javi Álvarez en 18

Os nove temas do novo álbum exploran os xéneros máis diversos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Rafa Anido une forzas con Javi Álvarez en 18

A fusión perdomina no novo álbum de Rafa Anido, que supón o décimo octavo lanzamento da súa carreira. Precisamente 18 é o nome do proxecto, que nesta ocasión suma ás forzas do compositor o traballo de Javi Álvarez e se presenta baixo o nome de Sr. Anido & Sra. Álvarez. O proxecto, que xurdiu da insistencia do segundo por gravar o primeiro no seu estudio La Follable, achega unha mestura de surf, garage, pop, banda sonora, noise, protoelectrónica ou shoegaze con nove temas cantados en galego, castelán e o idioma propio anidiano. Todo un cruce de influencias nas que Anido pon guitarra, voces e baixo e Álvarez completa os temas con todo tipo de arranxos, que inclúen desde guitarras e sintetizadores a percusións, vibráfonos, órganos, circuit bending, coros ou voces. O resultado, unha experimentación constante que promete non deixar indiferente a ninguén. O álbum sae en formato vinilo de 12" da colaboración dos selos Prenom, Grabaciones de Impacto, Bajo el Volcán e Porno.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Chega Chotokoeu

Chega Chotokoeu

O grupo lanza o seu primeiro disco con 16 temas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop

Claves

Conceptos