Notas en mosaico (II): Da lavadora á corentena

O tecido musical galego segue a xenerar himnos e músicas desde as súas casas pero con xenialidade

O tecido musical galego segue a xenerar himnos e músicas desde as súas casas pero con xenialidade
Segue a escena musical galega a ser capaz de xerar contidos en perfecta coordinación de músicos e cun enorme talento comparable ao de calquera outros do mundo. Xa familiarizados como estamos cos formatos de pantalla partida podemos ver a moitos dos mellores músicos e artistas do país interpretando cancións alleas ou propias para contribuir a que este tempo segua a estar presente a creación musical e faga máis doado o distanciamento social. As mostras son moitas, algunhas delas parten desde o ámbito institucional. Tal é o caso do Estou na cuarentena que se premovoeu e difundiu desde o Concellod e Ponteareas. O tema é unha adaptación dunha das cancións de referencia dos inicios do Xabarín Club, o Estou na lavadora do grupo O Caimán do Río tea. A Concellería de Cultura de Ponteareas presentou esta semana esta divertida versión na que participan integrantes dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.




A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta Galicia promove tamén un vídeoclip feito para a ocasión do peche sanitario. A peza, composta por Magín Blanco, conta coas colaboracións de 8 voces femininas da música galega: Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, Mari Faltrí, Paula Romero e María Costa. Os músicos que acompañán a Magín Blanco na gravación son Cristian Leggiero, José Churruca e Hansel Luís. O vido, dirixido aos máis cativos é unha obra de animación feita por Luz Beloso co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento.



Unha "canción de esperanza", Song of Hope de Avisahi Cohen, foi a que elexiron profesores, alumnos, e membros dos coros de/ou ligados a Estudio Escola de Música, de Santiago de Compostela: Coro Estudio, Coro Xuvenil de Estudio, Coro Infantil de Estudio, Coro sin nombre, ESCEA e Coro da Ra. "Song Of Hope" fala do necesario que é estar unid@s para poder salvar e conservar a beleza deste mundo no que vivimos. Cada solista cantou na lingua que escolleu, e adaptou a letra ao seu gusto. Hai partes cantadas en inglés, galego, bereber, francés, castelán.



O músico ourensán Manuel Carballo, "MCarballo" no seu alcume musical, tamén ven de sacar un tema feito nun mosaíco coordinado con outros músicos de gran relevancia no panorama musical galego como son David Outumuro na batería, Paco Dicenta no baixo e o Lap Steel de Alfonso Aydillo, ademais dos coros de Noelia Álvarez. A New different world é un tema propio de Carballo nas claves de country blues que o ourensán adoita manexar.