Tempo, memoria e viaxe converxen nos diálogos "Laboratorio Expedición" da Fundación Luís Seoane

A primeira das sesións xa está dispoñible en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Tempo, memoria e viaxe converxen nos diálogos "Laboratorio Expedición" da Fundación Luís Seoane

A Fundación Luís Seoane publicou onte a primeira das sesións do "Laboratorio Expedición. Conversas en rede", na que diferentes expertos, investigadores e colectivos participarán ao longo de cinco sesións ao redor do "tempo, a memoria, a viaxe e o coñecemento". Na primeira sesión, xa dispoñible en liña, están subidas intervencións de José María Mesías, profesor de educación artística na Universidade da Coruña, e María Bella, investigadora e produtora cultural. Para as vindeiras sesións intervirán Silvia Domènech, xefa do Centro de Coñecemento e Investigación do Museu Picasso de Barcelona, Patricia Almarcegui, profesora de Literatura Comparada e o colectivo Patio de Butacas. Cada intervención finaliza cunha referencia a Luis Seoane, na que cada convidado escolle unha obra do artista galego.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Fundación Luís Seoane, Picasso, Literatura...