Dez conferencias para pensarmos o noso tempo: unha escolma da Semana Galega de Filosofía

A Semana Galega de Filosofía incorpora novas charlas para ver desde a casa

O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel.
O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel.
A Semana Galega de Filosofía de Pontevedra, que tivo que aprazar a súa celebración nesta primavera polo estado de alarma, decidiu subir máis fondos audiovisuais ao seu arquivo que inclúen novas conferencias de expertos internacionais ao redor das grandes preguntas sociais do noso tempo. En concreto, pódense seguir as intervencións en diferentes edicións da Semana de figuras como Adolfo Pérez Esquivel, premio Nobel da Paz, o xeógrafo Augusto Pérez Alberti, o economista francés defensor da renda básica universal Yann Moulier-Boutang, ou a filósofa ecofeminista Alicia Puleo. Aproveitamos a ocasión para facer unha selección aberta, unha das moitas posibles, das numerosas conferencias que a Semana Galega de Filosofía ten subidas á súa canle de Youtube.

10 intervencións da Semana Galega de Filosofía:



Éric Toussaint (2012): "Poder político e poder económico en Europa"



Antonio García-Santesmases (2012): " A encrucillada europea e a crise da democracia"



Lourenzo Fernández Prieto (2013): "Pasados incómodos de vítimas e verdugos"



Paula Godinho (2013): "Usos e práticas da Memoria e do Patrimonio"



Román Gubern (2015): "Filosofía e sexualidade"



José Luís Garrosa Gude (2015): "Costumes, mitos, ritos e tabús sobre o sexo na cultura galega tradicional"



Laura Bugalho (2015): "Historia do movemento LGBT en Galiza"



Xosé Luis Barreiro Barreiro (2019): O lusco-fusco como metáfora: filosofía, identidades, fronteiras



John Holloway (2019): Rompamos todas as fronteiras!



Adolfo Pérez Esquivel (2015): "Da violencia á esperanza"