A produtora galega Somadrome obtén un premio no MIPDoc de Cannes

O proxecto documental Behind Lucy segue unha misión da NASA ao longo de catro anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A produtora galega Somadrome obtén un premio no MIPDoc de Cannes

Por vez primeira o proxecto dunha produtora galega obtén un galardón no MIPDoc de Cannes. A produtora Somadrome, radicada en Oroso, fíxose co galardón da categoría MIPDoc Project Pitch polo seu proxecto Behind Lucy. Este é un formato documental que segue ao longo de catro anos, entre 2017 e 2021 a misión da NASA Lucy, destinada a investigar asteroides da órbita de Xúpiter. Este encontro internacional de formatos documentais desenvolveuse este ano en liña no marco da iniciativa MIPTV Online+, logo da suspensión do mercado televisivo por mor da crise sanitaria do coronavirus.

O MIPDoc, que se celebra cada dous anos, amosa en cada edición cinco proxectos internacionais entre os que se seleccionan os gañadores. O proxecto galego, canda a proposta de concurso televisivo Before you hit the floor foron as dúas únicas propostas do Estado que participaron de xeito pioneiro nesta iniciativa, resultando ademais galardoadas.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Documental, NASA, Documentais...