O libro CD Lugar de incendios recupera a voz de Paco Souto

O volume da editorial Caldeirón recolle un espectáculo poético-musical con Serxio Moreira

6/4/2020 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces

Aínda que datado en 2019, foi neste mes de marzo que a editorial Calderión presentou Lugar de incendios, un libro-CD que recupera a voz de Paco Souto, poeta e activista cultural da Costa da Morte falecido hai xa tres anos. O volume recolle o espectáculo poético musical que o literato desenvolveu ao longo de 2009 canda ao músico Serxio Moreira, cunha gravación remasterizada daqueles encontros. O volume inclúe unha ducia de poemas de Souto, dez deles tirados daquela iniciativa e outros dous doutros poemarios. A isto súmanse biografías dos autores e un epílogo a cargo de Emma Abella, compañeira de Souto, ademais de ilustracións del mesmo e as partituras dos temas incluídos no proxecto.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Lugares