Quiosco: O Umia número 2

O boletín achega textos inéditos de escritores e estudos sobre os pazos de Cambados

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O escritor cambadés Pedro Sánchez Peña. Foto: O Umia

O escritor cambadés Pedro Sánchez Peña. Foto: O Umia

A Asociación de Amig@s de Fefiñáns publicou na rede o segundo número do seu boletín O Umia, no que presenta tres artigos que abordan aspectos históricos e culturais da vila de Cambados. Deste xeito, Emilio Xosé Insua asina un artigo sobre o escritor cambadés Pedro Sánchez Peña, morto en 1902 aos 21 anos, e publica varios textos inéditos do literato. Héitor Picallo asina un artigo sobre a historia da casa de Ouxo da Torre e a súa relación con mulleres fidalgas, e Xoán Antonio Pillado Silvoso escribe sobre a falsa asociación de estruturas arquitectónicas do pazo de Fefiñáns con elementos da arquitectura militar medieval. A publicación pode descargarse en pdf.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial

Quiosco: Grial

A memoria de Anxo Rei Ballesteros protagoniza o número 183 da publicación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Umia, Cambados, Escritores, Torre...