A TVG estrea esta noite Eroski Paraíso

A emisión en aberto de A Esmorga acada 5000 visionados

A emisión en aberto de <i>A Esmorga</i> acada 5000 visionados
Foto: TVG
A Televisión de Galicia estrea esta noite do luns ás 22.30 horas, na súa primeira canle, a longa Eroski Paraíso, unha "comedia documental" dirixida por Jorge Coira que versiona a obra teatral de éxito producida por Chévere. A obra conta historias reais acontecidas na discoteca muradá Paraíso nos anos 80, e que actualmente é un supermercado Eroski. A obra é un retrato das transformacións sociais da Galicia dos anos 80 e 90, así como un retrato do paso do tempo. No argumento, Álex, unah nova cineasta, quere facer un documental sobre a historia dos seus país divorciados. Con este filme, Miguel de Lira e Patricia Lorenzo gañaron os Mestre mateos a actor e actriz protagonista.

Ao tempo, os produtores do filme A Esmorga deron a coñecer a audiencia da emisión en aberto da película (visible en Vimeo). Decidiran abrila co inicio da obriga de confinamento. O filme acadou os 5.000 visionados en dous días. O éxito fixo que se decidiran a prorrogar a exhibición gratuíta do filme ata o mércores 25 ás 06:00 h.