Ana Pérez Varela faise co VI Premio Domingo Fontán de investigación

Estuda a traxectoria do prateiro compostelán Ricardo Martínez Costoya

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A urna apostólica na que se gardan as reliquias de Santiago foi realizada por Eduardo Rey e Ricardo Martínez Costoya no obradoiro de José Losada en 1884-1886. Foto: Ana Pérez Varela

A urna apostólica na que se gardan as reliquias de Santiago foi realizada por Eduardo Rey e Ricardo Martínez Costoya no obradoiro de José Losada en 1884-1886. Foto: Ana Pérez Varela

A historiadora Ana Pérez Varela, docente e investigadora da USC, fíxose co VI Premio Domingo Fontán de Investigación por un traballo ao redor do prateiro Ricardo Martínez Costoya, finado en 1927. Tratouse dun destacado ourive que realizou traballos para o rei Alfonso XIII, o papa León XIII, Isabel de Borbón ou o emperaro Guillerme II de Alemaña. O traballo de Pérez Varela céntrase na análise da ourivería compostelana, a súa estrutura laboral, a produción artística e a organización socioeconómica deste gremio. O xurado do premio valorou "a relación establecida entre a pratería e a Real Sociedade Económica". O premio Domingo Fontán ten carácter bianual e está dotado con 2000 euros e a publicación do libro gañador co Consorcio de Santiago.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, USC, León, Alemania

Claves

Lugares