Quiosco: Cadernos de lingua número 37

A publicación da RAG analiza as buscas dos usuarios no seu dicionario en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O novo número de Cadernos de lingua, a revista de lingüística da Real Academia Galega, dedica un artigo ás procuras dos usuarios no dicionario en liña que ofrece a institución no seu sitio web. O artigo, asinado por Manuel González e Begoña González. Os autores sinalan que o dicionario da RAG ten "unhas 60.000 consultas diarias a través de Internet (accedendo ben a través da páxina web da RAG ou ben a través do Portal das Palabras)" e que non se emprega só para buscar significados, senón para "outros tipos de información: auten-ticidade da voz, ortografía correcta, pronunciación, información morfolóxica...". O estudo conclúe que os factores de máis influencia para as buscas de termos son "a súa circulación nos medios de comunicación e a súa presenza no mundo escolar". A revista tamén inclúe artigos sobre o xerundio, a "delimitación semántica do concepto antropolóxico do xénero" e sobre a necesidade de revisión do léxico galego da educación física e o deporte.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Manuel González, Xénero, Educación...