A MIT de Ribadavia recibiu o Premio Marsillach

A Asociación de Directores de Escena recoñeceu o labor do veterano festival galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
A MIT de Ribadavia recibiu o Premio Marsillach

O Teatro da Comedia de Madrid acolleu este luns 24 de febreiro o acto de entrega dos galardóns da Asociación de Directores de Escena. Entre eles, o Premio Adolfo Marsillach, que foi para Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en recoñecemento a "un labor teatral significativo" e por ser "un exemplo de calidade artística e de xestión no ámbito das artes escénicas a nivel nacional e internacional". Segundo a ADE, nos seus 35 anos de existencia a cita "consolidou o seu carácter de servizo público, atento á innovación escénica, a historia e o compromiso coa escena galega e internacional, nun encontro rico e produtivo para a sociedade e a profesión teatral española".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, MIT, Artes Escénicas, Comedia...