A pegada galega na feira ARCO, que comeza este 26 de febreiro en Madrid, medra na edición de 2020. A galería viguesa PM8 mantense como habitual da cita, a achegar nesta ocasión traballos de Algridas Seskus e Gabriel Borba Filho no programa xeral da feira. A ela súmase, no programa "Opening", orientado a novas galerías, o espazo compostelán Nordés, que abandona Justmad. O proxecto que dirixe Chus Villar amosará obras de Miguel Marina e Narelle Jubelin. Como en anteriores ocasións, a publicación Dardo Magazine estará presente no espazo de revistas.
Ademais, en diferentes galerías da feira madrileña poderán atoparse traballos de artistas do país como Antonio Murado en Álvaro Alcázar, Ángela de la Cruz en Carreras Mugica, Helga de Alvear en Krinzinger, Álvaro Negro en F2 Galería, Christian García Bello e Berta Cáccamo en Formatocomodo, Maruja Mallo en Guillermo de Osma, Kiko Pérez en Heinrich Ehrhardt, Teo Soriano en Marc Domènech, Francisco Leiro en Marlborough ou Rubén Grilo en Nogueras Blanchard.
No campo das citas paralelas á grande feira, Art-Madrid abre tamén este 26 as súas portas con Moret Art a repetir presenza. Obras de Daniel Sueiras e os galegos Lino Lago, Miguel Piñeiro, Pilar Díez e Xurxo Gómez-Chao compoñen a representación do espazo coruñés neste evento. Tamén a compostelá Luísa Pita recunca neste encontro con traballos de Quintana Martelo.
JustMad, pola súa banda, bota a andar o 27 de febreiro, con presenza repetida de tres galerías do país, unha menos que en 2019. As compostelás Trinta, con obras de Carla Andrade, José Ramón Ais, Los Bravú, Din Matamoro e Francisco Mendes Moreira e mais Metro, con traballos de Pedro Muiño, Paula Vicenti e Xavier Cuiñas, comparten espazo coa ourensá Marisa Marimón que conta con Eva Díaz, Tamara Feijoo e Mauro Trastoy. Finalmente no SAM (Salón de Arte Moderna) vai estar presente a viguesa Montenegro, ao igual que no pasado ano.