O casco histórico de Mondoñedo é a primeira Área Rexurbe de Galicia

A iniciativa contempla medidas de rehabilitación e dinamización social, demográfica e económica

17/2/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

Plano de Mondoñedo. Fonte: Concello de Mondoñedo.

A Xunta de Galicia declarou o conxunto histórico de Mondoñedo, ademais de dúas áreas anexas, como primeira Área Rexurbe de Galicia. Esta consideración, prevista na Lei de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia prevé medidas de rehabilitación integral de edificios que complementa con propostas de dinamización social, demográfica e económica coa intención de frear o despoboamento da área, facilitar o desenvolvemento económico e fomentar a rehabilitación. As Áreas Rexurbe están previstas para cascos históricos que conten coa declaración de Ben de Interese Cultural.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A proposta Mondoñedo, que recolle unha superficie total de 4,45 quilómetros, afecta a 179 edificios en estado deficiente ou ruinoso e combinará actuacións públicas e privadas que se deberán concretar agora nun Plan de Dinamización que elaborará o concello e que contará co apoio económico da Xunta a través de diferentes departamentos. No mesmo deberá analizarse "o estudo dos distintos usos alternativos, a análise, no seu caso, das modificacións urbanísticas precisas e a elaboración dun plan de financiamento" para a zona.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondoñedo, Ben de Interese Cultural, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Lugares