A literatura homenaxea a Vítor Vaqueiro como próximo "Escritor na súa terra"

A AELG escolle a Batuko Tabanka e Emilio Españadero como Mestres da Memoria 2020

A AELG escolle a Batuko Tabanka e Emilio Españadero como Mestres da Memoria 2020
O escritor Vítor Vaqueiro. Foto: M. Caeiro (2018) / AELG
O fotógrafo e escritor Vítor Vaqueiro será o vindeiro autor homaneaxeado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Desta volta, a celebración realizarase en Santiago de Compostela no mes de xuño. Así o acordou a Asemblea Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega que celebrou o sábado pasado a súa asemblea xeral. A xuntanza tamén ratificou o nomeamento de Mariasun Landa como Escritora Galega Universal 2020. A partir da proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, a asemblea tamén acordou nomear ao grupo musical de mulleres caboverdianas radicadas en Burela Batuko Tabanka e a o músico e divulgador da música tradicional Emilio Españadero, director do programa radiofónico Lume na Palleira da Radio Galega, como Mestres da Memoria 2020.