A biblioteca pública de Ourense chamarase Xeración Nós

A Xunta recibira cincuenta propostas para bautizar o centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Logo de recibir case medio cento de propostas no proceso participación para escoller o nome da nova Biblioteca Pública de Ourense, a Xunta de Galicia decidiu bautizar o centro como Xeración Nós. Segundo anunciou o Goberno Galego o pasado venres, a denominación foi apoiada por entidades como a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Penzol, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Uxío Novoneira, o Museo do Pobo Galego, a Asociación O Sorriso de Daniel, a Delegación Arxentina da Fundación Galicia América ou o Ateneo de Ourense. O nome coincide coa celebración este ano do centenario da revista Nós, que serviu de expresión para o grupo do mesmo nome.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Xeración Nós, Goberno Galego, Xunta de Galicia...