O Conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, anunciou este 5 de febreiro ante o Parlamento de Galicia que o seu departamento elaborará un Plan da Danza Galega. Segundo sinalou na súa intervención, este plan desenvolverase "co obxectivo de seguir fomentando e apoiando esta disciplina a través da formación e profesionalización, a produción de novos espectáculos vinculados coa tradición e a identidade galega e a mellora da súa difusión e distribución". Ademais, asegurou que a elaboración do mesmo desenvolverase nunha mesa de traballo "con representación de todos os axentes implicados neste sector" na que se abordará "a situación actual da danza, analizaranse os seus retos de futuro e abordaranse as medidas que é necesario implementar para seguir impulsando esta disciplina".
O anuncio de RodrÃguez prodúcese logo das protestas do sector e da oposición parlamentaria ante a importante redución de fondos que sofre o Centro Coreográfico Galego nos orzamentos da Xunta desde ano. Canda a isto, a eliminación do posto de dirección deste departamento prevista na reforma da Axencia Galega das Industrias Culturais está a ser amplamente contestada polos colectivos profesionais da danza no paÃs.