A semana pasada ofreceuse en poxa pública en Internet unha copia manuscrita de La fundación y fábrica de la torre llamada de Hércules situada a la entrada del puerto de La Coruña, o erudito memorial que José Cornide realizou, desde a Real Academia da Historia para xustificar as novas inscricións coas que o Consulado de Galicia, a finais do XVIII, conmemorou as tarefas de restauración do emblemático faro coruñés. Trátase dunha das primeiras copias manuscritas do que foi o primeiro gran estudo sobre a Torre de Hércules, e que logo serÃa editado. O prezo de saÃda do manuscrito foi de 45.000 euros, pero non tivo ofertas e hoxe se ofrece por 75.000 euros. É, posiblemente, o documento ou libro emblemático do patrimonio cultural galego máis caro, e de lonxe, que se pode adquirir libremente na rede. Pero hai moitos máis. Botamos un ollo á oferta de primeiras edicións ou edicións históricas de senlleiros protagonistas para coñecer o seu valor de mercado.
Nestes momentos unha significativa parte do mercado de libros de vello e segunda man está na rede, onde se dá un intenso comercio e circulación global do que senlleiros libros do patrimonio cultural galego -con copias xa dispoñibles nas bibliotecas e arquivos públicos do paÃs- non están alleos. Unha ollada non exhaustiva a algunhas das publicacións e autores emblemáticos no paÃs revela unha tendencia clara: a antigüidade do libro importa, pero tamén a sona dos autores e, sobre todo, o valor simbólico das pezas. Plataformas como Iberlibro, Todocolección ou eBay foron consultadas para achegar estes datos.
RosalÃa de Castro é a autora con prezos máis altos. Sobrancea unha segunda edición de Cantares gallegos (Madrid, 1872), que incluÃa correccións e novos textos da autora, que se pode adquirir por 5.572 euros. Pola contra, Follas novas, a primeira edición do seu segundo libro (La Habana, 1880) pódese adquirir por 1.750 euros. O valor do libro auroral da creación literaria moderna do paÃs inflúe, sen dúbida, no prezo da publicación.
Pola contra, outra das edicións de maior importe dispoñible na rede pode chamar a atención. Véndese unha edición completa das Obras en prosa y verso del cura de FruÃme, que comprenden sete tomos editados por JoaquÃn Ibarra en Madrid entre 1778 e 1781 por 3.500 euros. Neste caso, aÃnda que o cura de FruÃme é hoxe en dÃa un gran descoñecido, reunir a colección completa do século XVIII é unha rareza bibliográfica que, sen dúbida, inflúe no valor. Cando non se ofrecen todos os tomos dunha colección, o prezo do conxunto baixa de maneira considerable.
Cando existe unha certa oferta de exemplares e edicións, os prezos poden variar moito. É o caso do Teatro CrÃtico Universal, do padre Benito Jerónimo Feijóo, un dos best-seller do século XVIII español, e que está dispoñible en diferentes edicións dese século. Os prezos dunha colección completa (8 tomos) comezan en 3.500 euros, aÃnda que se poden conseguir edicións de época por algo máis de 1.000 euros.
Manuel MurguÃa tamén é un dos autores galegos que rexistra prezos máis altos no mercado de primeiras edicións. Unha primeira edición da súa Historia de Galicia (editada en cinco volumes) custa uns 1.200 euros. En xeral, os libros senlleiros da historia do paÃs son moi cobizados. A primeira edición da Historia de Galicia de Verea y Aguiar (1838), o libro no que se introduce por primeira vez o celtismo, tal e como o entendemos hoxe, como compoñente da identidade de Galicia, custa 460 euros.
Como era previsible, Castelao é un dos autores máis cotizados. A primeira edición de As cruces de pedra na Galiza, o ensaio gráfico no que Castelao traballou toda a súa vida e rematou no exilio en Bos Aires, véndese por 950 euros, na súa edición bonaerense. Son 74 láminas e 73 ilustracións no texto. O ensaio sobre os cruceiros supera mesmo á mÃtica edición “As Burgas” do seu Sempre en Galiza, mesmo con dedicatoria do propio Castelao, que ten un custe de 800 euros. Unha primeira edición do seu libro de relatos Retrincos, con dedicatoria do ilustrador, Maside, véndese por 600 euros.
Sen embargo, a partir desta nómina, os prezos de edicións antigas en galego baixan de maneira notable. A segunda edición de Aires da miña terra, de Curros EnrÃquez, que inclúe a documentación do famoso proceso xudicial que se iniciou coa súa excomuñón por parte do bispo de Ourense e no que o poeta foi absolto das inxurias á relixión católica, atópase por 170 euros. E primeiras edicións de obras de Cunqueiro como Escola de menciñeiros ou Xente de aquà e de acolá cotÃzanse entre 80 e 90 euros.
Entre os escritores galegos en lingua castelá destacan Valle Inclán e Emilia Pardo-Bazán. A primeira edición máis cara do primeiro é dunha das súas máis coñecidas “comedias bárbaras”, o Romance de Lobos, cunha dedicatoria autógrafa do premio Valle-Inclán, por case 1.500 euros. Unha das obras máis populares da condesa de Pardo-Bazán, Los pazos de Ulloa , ofrécese en primeira edición por 990 euros.
Desta escolma de exemplos podemos observar como o valor simbólico dos libros e a sona dos escritores inflúe nos prezos, aÃnda que hai enormes diferencias entre aqueles autores considerados centrais na cultura galega -como RosalÃa de Castro- e outras figuras destacadas. Con todo, o mercado de libro antigo ten enormes oscilacións de prezos, e fontes consultadas aseguran que fóra de Internet os prezos poden ser máis baixos e a oferta máis ampla.