Rodrigo Cota é recoñecido co premio Puro Cora de xornalismo

O galardón do grupo El Progreso conta cunha dotación de 10.000 euros

3/2/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturacomunicación
24 lecturas | Compartido 0 veces
A XXVII edición do Premio Pura Cora de Xornalismo, que convoca o grupo El Progreso foi para o columnista Rodrigo Cota. O xurado destacou do galardoado, que publica nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, a riqueza de recursos literarios que exhibe nos "moitos campos" que aborda. Do mesmo xeito, o fallo destacou o humor do que fai gala o autor, que permite que "trate os temas desde unha posición á vez distante e achegada".
O galardón, que pretende "estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuísen a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional" conta cunha dotación de 10.000 euros. O xurado desta xeira estivo conformado por Blanca García Montenegro, presidenta do grupo El Progreso, o director xeral do xornal lugués, José de Cora e mais o director Alfonso Riveira; o director do Diario de Pontevedra, Miguel Ángel Rodríguez; o director adxunto do Diario de Pontevedra, Pedro Pérez, e mais o exdirector de El Progreso, Lois Caeiro.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares