Anxo Lugilde faise co Premio Puro Cora de Xornalismo

O xurado recoñece por unanimidade o seu traballo como analista político

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

A carreira profesional do xornalista e analista político Anxo Lugilde viuse recoñecida onte co premio Puro Cora de Xornalismo. O xurado do galardón que convoca o diario El Progreso tomou a súa decisión por unanimidade, a destacar "a alta consideración profesional que ten acadado sendo tan novo" o gañador. Segundo apuntou José de Cora, secretario do xurado, "as análises de Anxo Lugilde non pasan desapercibidas" e "convertírono nun referente da política galega". O gañador recibirá 10.000 euros en metálico e mais un trofeo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, El Progreso, Anxo Lugilde Pardo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos