Fernando Castro faise co II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual

O xurado seleccionou a súa obra Ofelia ou o cabeiro da cóbrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Un achegamento ao mito de Hamlet desde a figura de Ofelia. Esta é a proposta coa que Fernando Castro acaba de se facer co II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual. O xurado deste galardón, que convoca a compañía Feira do Leste co apoio da Deputación de Pontevedra seleccionou este texto entre os 21 presentados ao galardón. Castro verá a súa obra publicada nun volume colectivo.

O xurado, formado pola directora teatral e programadora da sala Ingrávida Irene Moreira, a dramaturga e directora da Erregueté, Vanesa Sotelo e o director teatral César No, destacou no seu fallo "o coidado uso da lingua galega e o artellamento dunha sólida carpintaría dramatúrxica" da obra gañadora ademais da "a recuperación da maxia para o teatro cunha riqueza de accións dramáticas que poden resultar moi estimulantes á hora de poñelas sobre as táboas, tanto para un equipo artístico como para o público".

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Hamlet, Deputación de Pontevedra, Lingua galega...